Categorías
Uncategorized

A Lagoa Central en infravermello

Créditos da imaxe e Licencia NASAESAHubbleArquivo de datos: MASTProcesado: Alexandra Nachman

Explicación: As estrelas enchen esta vista en infravermello, espallándose 4 anos luz a través do centro da Nebulosa da Lagoa. As imaxes en luz visible amosan o gas brillante e as escuras nubes de po que dominan a escea. Pero esta imaxe infravermella, construida a partires de datos do Telescopio Espacial, achégase máis ó corazón da rexión activa de formación de estrelas, amosando estrelas recén nacidas esparexidas no seu interior, contra un campo repleto de estrelas de fondo cara o centro da nosa galaxia Vía Láctea. As rexións centrais desta tumultuosa gardería estelar están esculpidas e enexizadas pola masiva e xoven Herschel 36, vista como a brillante estrela preto do centro do campo de visión. Herschel 36 é realmente un sistema múltiple de estrelas masivas. Con máis de 30 veces a masa do Sol e menos de 1 millón de anos, a estrela máis masiva do sistema debería vivir ata unha idade estelar duns 5 millóns de anos. Comparado cos case 5 mil millóns de ano do Sol, que se convertirá nunha xigante vermella en só outros 5 mil millóns de anos aproximadamente. A nebulosa da Lagoa, tamén coñecida como M8, atópase a uns 4.000 anos luz dentro dos límites da constelación do Arqueiro ou Setestrelo (Sagittarius).