Categorías
Uncategorized

A superficie de Venus por Venera 13

Créditos da imaxe: Programa espacial da Unión SoviéticaVenera 13;
Procesado e CopyrightDonald Mitchell e Michael Carroll (empregado con permiso)

Explicación: se puideras estar na superficie de Venus, que verías? Nesta imaxe amósase a vista dende Venera 13, o aterrador roborizado soviético que atravesou a espesa atmosfera venusiana empregando un paracaídas e o freado atmosférico para pousarse sobre a superficie en marzo de 1982. A paisaxe desoladora vista pola sonda inclúe rochas planas, un extenso terreo baleiro e un ceo sen ningunha característica sobre a rexión de Phoebe Regio próxima ao ecuador de Venus. Abaixo á esquerda atópase o penetrómetro empregado para medidas científicas, mentras que a peza clara na parte dereita é parte da tapa da lente desprendida. Soportando temperaturas próximas aos 450 graos Celsius e unha presión 75 veces superior á da Terra, a reforzada sonda Venera só sobreviviu dúas horas. Aínda que os datos de Venera 13 foron transmitidos a través do Sistema Solar interior fai case 40 anos, o procesado dixital das inusuais imaxes aínda continúa hoxe en día. Análises recentes das medicións en infravermello feitas polo orbitador da ESA Venus Express indican que aínda existe volcáns activos en Venus.