Categorías
Uncategorized

IC 1318: a nebulosa da Bolboreta en gas e po

Crédito da imaxe e Copyright: Alan Pham

Explicación: na constelación do Cisne preto da nebulosa do Pelícano atópase a nube de po da Bolboreta, próxima a unha estrela coñecida como a galiña. Esta estrela, nomeada oficialmente Sadr, atópase xusto á dereita da imaxe. No centro, amósase en alta resolución a Nebulosa da Bolboreta, designada IC 1318. Os patróns formados polo gas brillante e o po escuro teñen a súa orixe nas complexas interaccións entre os ventos interestelares, a presión da radiación, os campos magnéticos e a gravidade. A imaxe feita cun telescopio tamén amosa a emisión característica de IC 1318 dos átomos de xofre, hidróxeno e osíxeno coloreados en vermello, verde e azul coa popular paleta do Hubble. O anaco da nebulosa da Bolboreta retratado na imaxe abrangue uns 100 anos luz e atópase a uns 4 000 anos luz da Terra.