Categorías
Uncategorized

Unha aurora con forma de bandeira sobre Suecia

Créditos da imaxe e Copyright: Mia Stålnacke

Explicación: Apareceu, momentáneamente, coma unha bandeira en forma de banda de 50 quilómetros de altura. A mediados de marzo de 2015, unha enerxética Exección de Masa Coroal  dirixida cara un limpo canal magnético cara a Terra provocou unha das mais intensas tormentas xeomagnéticas dos últimos anos. O resultado visual foi que as auroras víronse sobre moitos paises preto dos polos magnéticos da Terra. Capturada sobre KirunaSuecia, a imaxe destaca unha inusualmente recta cortina auroral coa cor verde emitida na parte baixa na atmosfera terrestre, e o vermello moitos quilómetros por riba. Non está claro onde se orixina a rara aurora púrpura, pero podería involucrar unha inusual aurora azul a una altitude aínda máis baixa que a verde, véndose superposta cunha moito mais alta vermella. Agora pasado o Mínimo Solar, é probable que se incrementen as coloridas noites de auroras sobre a Terra.