Categorías
Uncategorized

Obxetivo da SuperCam en Ma’az

Créditos da imaxe: NASA/JPL-Caltech/LANL/CNES/CNRS

Explicación: Que é o son dun laser? Non é necesario consultar a un mestre zen para averigualo, só escoitar a primeira gravación acústica de disparos láser en Marte. No sol 12 da misión do Perseverance (2 de marzo) o instrumento SuperCam no alto do mástil do rover disparou 30 veces a unha rocha chamada Ma’az dende unha distancia duns 3.1 metros. O seu micrófono gravou os suaves chasquidos da rápida serie de golpes do láser da SuperCam. As ondas de choque creadas na fina atmósfera marciana ó vaporizar os anacos de rocha polos disparos láser producen os sons dos estalidos, sons que ofrecen pistas sobre a estructura física do obxetivo. Este primeiro plano da SuperCam da rexión obxetivo Ma’az ten 6 centímetros (2.3 polgadas) de diámetros. Ma’az significa Marte na lingua dos Navaxos