Categorías
Uncategorized

Messier 81

Créditos da imaxe e Copyright: Wissam Ayoub

Explicación: Unha das galaxias máis brillantes no ceo do planeta Terra é similar en tamaño á nosa Galaxia Vía Láctea: a grande e fermosa Messier 81. Tamén coñecida coma NGC 3031 ou galaxia de Bode polo seu descubridor no século XVIII, esta gran espiral atópase cara a constelación do norte Ursa Major, a Osa Maior. A nítida e detallada vista do telescopio revela o brillante núcleo amarelo de M81, os brazos espiráis azuis, as rexións rosáceas de formación de estrelas e as amplas franxas de po cósmico. Algúns carrís de po actualmente atravesan o disco galáctico (á esquerda do centro) ó contrario que en outras prominantes espirais características. Os errantes carrís de po poden ser o resultado final dun encontro cercano entre M81 e a cercana galaxia M82 que se atopa fóra deste marco. A feble e anana galaxia satélite irregular de M81, Holmberg IX, pode verse xusto debaixo da gran espiral. O escrutinio das estrelas variables en M81 permitiu determinar a distancia para unha galaxia externa– 11.8 millóns de anos luz.