Categorías
Uncategorized

Marte e a luz zodiacal

Crédito da imaxe e Copyright:Joshua Rhoades

Explicación: xusto antes do solpor do 7 de marzo, unha feble banda de luz é visible sobre o horizonte occidental nesta imaxe nocturna no rural de Illinois. Retratada dende unha vella granxa, o brillo provén da luz zodiacal que destaca no ceo do oeste durante o solpor da primavera no hemisferio norte. Nesta clara tarde a banda de luz zodiacal semella devorar ao brillante e amarelento Marte e o cúmulo das Pléiades. A súa conxunción cercana no ceo estrelado acontece enriba do teito do antigo graneiro. A luz zodiacal é a luz do sol dispersada polas partículas de po interplanetario que existen no plano da eclíptica no Sistema Solar. Por suposto, todos os planetas do Sistema Solar orbitan próximos ao plano da eclíptica, na banda de luz zodiacal, máis a luz zodiacal e Marte teñen unha conexión entre elas. Unha análise recente do descubrimento feito por serendipia de po interestelar por parte da nave espacial Juno durante o seu viaxe a Xúpiter, suxire que Marte é unha das fontes probables do po que produce a luz zodiacal.