Categorías
Uncategorized

NGC 1499: A Nebulosa California

Crédito da imaxe e Copyright: Yannick Akar

Explicación: podería a mítica isla da Raiña Calafia existir no espazo? Quizáis non, pero por casualidade a forma desta nube molecular recorda á forma do estado de California, EUA. O noso Sol ten o seu fogar no brazo de Orión da Vía Láctea, a uns 1 000 anos luz da nebulosa California. Tamén coñecida como NGC 1499, esta nebulosa de emisión clásica abrangue uns 100 anos luz de lonxitude. Na imaxe amosada, a maior parte do brillo da nebulosa de California é a luz vermella característica dos átomos de hidróxeno recombinándose con electróns perdidos, arrincados (ionizados) pola enerxética luz estelar. A estrela que máis probablemente achega a luz que ioniza a meirande parte do gas nebular é a brillante, quente e azulada Xi Persei (Menchib) xusto á dereita da nebulosa. A nebulosa de California é un obxectivo habitual dos astrofotógrafos e pode ollarse cun telescopio de campo amplo baixo un ceo escuro cara a constelación de Perseo, non lonxe das Pléiades.