Categorías
Uncategorized

Perseverance 360: Rochas excepcionais e a busca da vida en Marte

Crédito da imaxe: NASAJPL-CaltechASUMSSS

Explicación: eso é un fósil? Ollar as imaxes máis recentes de Marte feitas polo novo rover Perseverance é como a busca do tesouro, coa posibilidade da fama ao ser a primeira persoa en identificar correctamente un oso petrificado, unha rocha impresa cunha antiga planta ou calquer outro indicio de que a vida existiu algunha vez en Marte. Desafortunadamente, aínda que sería posible identificar algo tan espectacular coma un esqueleto a maior parte dos exobiólogos pensan que é moito máis probable que pegadas bioquímicas de antigos microbios unicelurares sexan atopados polos analizadores químicos de Perseverance. A razón principal é que os organismos multicelurares requiren unha maior cantidade de osíxeno para evolucionar que o que estivo presente en Marte. Dito esto, ninguén está seguro, polo que síntete libre de ampliar dixitalmente calquera imaxe de Perseverance que sexa do teu interese, incluíndo a imaxe en 360 graos ampliable das rochas que rodean o lugar de aterraxe de Perseverance no cráter Jezero. E aínda que as científicas afiliadas á NASA tamén están estudando as imaxes de Perseverance, se atopas algo realmente extraordinario publicao en medios públicos. Se o teu achado é particularmente intrigante dende o punto de vista científico é moi probable que a NASA prestará atención.