Categorías
Uncategorized

As tres colas do cometa NEOWISE

Crédito da imaxe e Copyright: Nicolas Lefaudeux

Explicación: Que produce a inusual cola vermella do cometa NEOWISE? O sodio. Nesta espectacular vista atrás ata o verán de 2020 destaca o cometa NEOWISE, que en ocasións amosou moito máis que unha cola branca cun trazo iónico azulado. Algunhas imaxes máis sensibles á cor amosaron unha inusual cola de cor vermello, e as análises desta cola determinaron que a fonte da emisión era o sodio. O gas rico en átomos de sodio liberáronse dende o morno núcleo do cometa NEOWISE a comezos de xullo polo efecto da luz solar, estas partículas cargadas eléctricamente pola acción da luz ultravioleta do Sol son empurradas despois polo vento solar. A imaxe amosada capturouse a mediados de xullo dende a Bretaña francesa e amosa as cores reais. Os ronseis de sodio dos cometas detectáronse antes máis son raras, a do cometa NEOWISE desapareceu a finais de xullo. O cometa C/2020 F3 (NEOWISE) esvaéceuse dende entón, perdendo case toda a súa cola brillante e agora aproxímase á órbita de Xúpiter mentres se dirixe cara o sistema solar exterior para voltar dentro duns 7 000 anos.