Categorías
Uncategorized

Os Pilares da Nebulosa da Aguia en Infravermello

Créditos da imaxe: NASAESAHubbleHLAProcesado: Luis Romero

Explicación: Novas estrelas estanse a formar na Nebulosa da Aguia. Gravitacionalmente contraídos en pilares de po e denso gas, a intensa radiación destas brillantes estrelas recén formadas está facendo ferver o material de arredor. Esta imaxe, tomada co Telescopio Espacial Hubble en infravermello cercano, permite ver a través de gran parte do groso po que fai ós pilares opacos en luz visible. As xigantescas estructuras teñen anos luz de lonxitude e foron alcumadas informalmente como os Pilares da Creación. Asociada como cúmulo estelar aberto M16, a Nebulosa da Aguia atópase a uns 6.500 anos luz de distancia. A Nebulosa da Aguia é un obxetivo sinxelo para pequenos telescopios nuna parte do ceo rica en nebulosas cara a constelación dividida de Serpens Cauda (a cola da serpe).