Categorías
Uncategorized

Perseverance da un xiro

Créditos da imaxe: NASAJPL-CaltechMars 2020

Explicación: Despois de chegar ó crater Jezero en Marte, Perseverance deu un xiro o 4 de marzo. Esta nítida imaxe dende a Navcam do rover do tamaño dun automóvil amosa as marcas deixadas polas súas rodas no solo marciano. Como preparación para as operacións sobre a superfice do Planeta Vermello a súa primeira conducción durou uns 33 minutos. Na curta e exitosa proba de conducción Perseverance moveuse 4 metros cara adiante, fixo un xiro de 150 grados, retrocedeu 2,5 metros e agora ocupa unha nova posición de praza de aparcadoiro no seu recén bautizado lugar de aterraxe Octavia E. Butler. A pesares de que a distancia total da viaxe na primeira saída do rover foi duns 6,5 metros (21 pes), cabe esperar que sexan esperables no futuro desprazamentos regulares de 200 metros ou mais.