Categorías
Uncategorized

Un pouco coma Marte

Créditos da imaxe e Copyright: Robert Barsa

Explicación: A superficie deste planeta seméllase un pouco a Marte .Con todo, é realmente ó planeta Terra. Nunha composición en proxección dixital de tipo pequeno planeta, o mosaico de 360 grados tomouse preto de San Pedro no deserto chileno de Atacama. Os telescopios en cúpulas no horizonte toman vantaxe das afamadas noites claras e escuras da rexión. Tomada a principios de decembro, unha magnífica Vía Láctea arquéase sobre o horizonte por case 180 grados arredor do pequeno planeta con Orion prominente no ceo do sur. A familiar constelación ó revés para os observadores do ceo do hemisferio norte, Orion comparte esa noite do sur do mes de decembro casi fronte ás nubes Grande e Pequena de Magallanes. Pero o propio Planeta Vermello é o faro celeste máis brillante e amarelento neste ceo de pequeno planeta.