Categorías
Uncategorized

Marte en Tauro

Crédito da imaxe e Copyright:Petr Horalek / Institute of Physics in Opava

Explicación: podes ollar Marte no ceo da tarde hoxe. O novo fogar do rover Perseverance, o Planeta Vermello recorre actualmente a constelación de Tauro, preto no ceo das Sete Irmás ou Pléiades. De feito, nesta vista profunda de campo amplo captura a Marte moi preto da súa conxunción máis próxima ás Pléiades o 3 de marzo. Abaixo no centro, Marte é o punto amarelo brillante a uns 3 graos do cúmulo azulado. Competindo con Marte en cor e brillo está Adelbarán, a estrela alfa de Tauro. A xigante vermella atópase cara a esquerda da imaxe, enfronte do máis distante cúmulo das Híades na mesma liña de visión. Por outro lado, moi feble para ollarse están as escuras e poentas nebulosas localizadas ao longo do borde da masiva nube molecular de Perseo, co brillo vermello ded NGC 1499, a nebulosa de California arriba á dereita.