Categorías
Uncategorized

Estrelas sobre un volcán en erupción

Crédito da imaxe e Copyright: Giuseppe Vella

Explicación: o Etna estivo en erupción durante centos de miles de anos. Localizado en Sicilia, Italia, o volcán produce fontes de lava de case un quilómetro de altura. O Etna non só é un dos volcáns máis activos da Terra pero é ademáis un dos máis grandes medindo case 50 quilómetros na súa base e case 3 quilómetros de altura. Fotografado durante a erupción do mes pasado, unha lingua de lava sae disparada cara arriba mentres a lava quente flúe cara a parte inferior do volcán. Xusto enriba son visibles probablemente trazas de satélites, mentres que antigas estrelas aparecen no ceo na distancia. Esta erupción volcánica foi tan forte que foi preciso pechar os aeroportos cercanos para manter os avións alonxados da columna de cinza. A imaxe en primeiro plano e de fondo capturáronse consecutivamente pola mesma cámara e dende a mesma localización.