Categorías
Uncategorized

Ingenuity (Enxeño): Un Mini-Helicóptero en Marte

Crédito da ilustración: NASAJPL-CaltechMars 2020 – Perseverance

Explicación: e se fora posible voar en Marte? Pode que a NASA conseguira esa capacidade o mes pasado coa aterraxe de Perseverance, o rover que inclúe un pequeno acompañante voador chamado Ingenuity (enxeño) e alcumado Ginny. Aínda que Ginny é do tamaño dunha tostadora, o helicóptero conta con catro longas patas e dous rotores aínda máis grandes (1.2 metros) e é único na súa clase, nunca houbo nada semellante antes. Despois da súa posta en marcha, posiblemente en abril, o rover Perseverance do tamaño dun coche (“Percy”) retrocederá para darlle a Ginny espazo suficiente para tentar un primeiro voo sen precedentes. Na ilustración artística amosada os grandes rotores de Ginny amósanse proporcionándolle a sustentación suficiente para elevarse na feble atmosfera de Marte e explorar a área preto de Perseverance. Aínda que o propio Ingenuity non voará moi lonxe trátase dun prototipo para futuros robots aéreos que voarán non só en Marte se non tamén en Titán.