
Explicación: Rochas do espacio impactan na Terra tódolos días. Non obstante, canto máis grande é a rocha menos frecuentemente golpea á Terra. Moitos quilogramos de po espacial caen diaramente á Terra. Os anacos máis grandes aparecen inicialmente coma un brillante meteoro. Rochas e bolas de xeo do tamaño dunha pelota de beisbol atravesan diariamente a nosa atmósfera, a maioría evaporándose rápidamente ata desaparecer. Existen ameazas significativas para rochas de preto de 100 metros de diámetro, que impactan na Terra aproximadamente cada 1000 anos. Un obxecto destas dimensións podería causar importantes tsunamis se impactara no océano, potencialmente devastadores mesmo nas costas máis distantes. Unha colisión dun asteroide masivo, de máis dun quilómetro de ancho, é máis improbable, ocurrindo típicamente con millóns de anos de diferencia, pero podería ter consecuencias verdadeiramente globáis. Moitos asteroides permanecen sen descubrir. De feito, un dos asteroides foi descuberto en 1998 coma a larga cola azul na imaxe destacada superior tomada polo Telescopio Espacial Hubble. Un impacto cun gran asteroide non afectaría tanto á órbita da Terra como o levantamento de po que podería afectar ó clima da Terra. Un resultado probable é a extinción global de moitas especies de vida, posiblemente facendo pequena a extinción que está a ocorrer agora.