Categorías
Uncategorized

A Gran Conxución de Xúpiter e Saturno: a Película

Créditos do vídeo: Thanakrit Santikunaporn (National Astronomical Research Institute of Thailand); Texto: Matipon Tangmatitham

Explicación: Sí, pero vístedes a película da Gran Conxunción de Xúpiter e Saturno? O vídeo timelapse destacado compúxose a partires dunha serie de imaxes tomadas dende Tailandia e amosa ós dous planetas xigantes a medida que pasaban angularmente a unha décima de grado un do outro. A primeira secuencia da Gran Conxunción amosa a aproximación relativa ó longo de cinco días con lúas e bandas de nubes fácilmente visibles, seguida por unha segunda secuencia de vídeo, máis alonxada, ó longo de 9 días. Aínda que Xúpiter e Saturno semellaron pasar inusualmente preto un do outro no ceo do pasado 21 de decembro de 2020, en realidade estaban separados por uns mil millóns de quilómetros. Os dous xigantes están destinados a ter encontros similares cada 19,86 anos. Non obstante, non estiveran tan preto angularmente, durante os últimos 397 anos, e non o farán de novo noutros 60 anos. Se estades dispostos a esperar ata o ano 7541, poderedes ver a Xúpiter pasar directamente fronte de Saturno.

Galería: Imaxes destacadas da Gran Conxunción enviadas ó APOD