Categorías
Uncategorized

Cosmic Latte: a cor promedio do Universo

Créditos da Credit: Karl Glazebrook & Ivan Baldry (JHU)

Explicación: De que cor é o Universo? Máis precisamente, se todo o ceo estivese esparexado, de qué cor sería a mezcla final? Esta caprichosa pregunta xurde ó tratar de determinar qué estrelas son comúns nas galaxias cercanas. A resposta, amosada arriba, é unha sombra condicionalmente percibida de beige. En xerga informática: #FFF8E7. Para determinar isto, os astrónomos promediaron computacionalmente a luz emitida por unha das mostras máis grandes de galaxias analizadas: as 200.000 galaxias do estudo 2dF. O espectro cósmico resultante ten algunha emisión en tódalas partes do espectro electromagnético, pero é percibido coma unha única cor. Esta cor volveuse moito menos azulada ó longo dos últimos 10 mil millóns de anos, indicando que as estrelas vermellas estanse volvendo máis prevalentes. Nun concurso para nomear mellor á cor, as entradas notables incluiron marfil ceo, unibeige e o gañador: cosmic latte (leite cósmico)