Categorías
Uncategorized

Raposiña, Unicornio e Árbore de Nadal

Créditos da imaxe e Copyright: Miguel Claro (TWANDark Sky Alqueva)

Explicación: Nubes de gas de hidróxeno brillante enchen esta paisaxe celeste chea de corr na feble pero fascinante constelación de Monoceros, o Unicornio. Unha rexión de formación de estrelas catalogada coma NGC 2264, a complexa mistura de gas e polvo cósmico está a preto de 2700 anos luz de distancia e mistura nebulosas de emisión avermelladas excitadas pola enerxética luz das estrelas recén nacidas con escuras nubes de po interestelar. Onde se atopan as nubes de po, que de outro xeito se oscurecerían, preto das estrelas xóvenes e quentes que tamén reflexan a luz estelar, formando unha azulada nebulosa de reflexión. A imaxe telescópica cobre preto de 1,5 grados ou 3 Lúas Cheas, cubrindo uns 80 anos luz á distancia de NGC 2264. O seu elenco de protagonistas cósmicos inclúen a Nebulosa da Raposa (Fox Fur) cuxa poirenta e revirada pel xace á esquerda do centro, a brillante estrela variable S Monocerotis inmersa nunha néboa azulada preto do centro, e a Nebulosa do Cono apuntando dende o lado dereito da imaxe. Por suposto, as estrelas de NGC 2264 tamén son coñecidas coma o cúmulo de estrelas da Árbore de Nadal. A forma de árbore triangular vese dende o seu lado aquí. Trazado por estrelas máis brillantes ten no seu ápice na Nebulosa do Cono. A base máis ancha da árbore está centrada preto de S Monocerotis.