Categorías
Uncategorized

Noite de inverno no hemisferio norte

Crédito da imaxe e Copyright: Adam Block

Explicación: Nas noites de inverno no hemisferio norte Orion sempre semella aparecer de deitado. As familiares estrelas da constelación do Cazador aparecen por riba das árbores nesta colorida escena nocturna. Aínda que non é unha estrela máis tamén é visible, a Gran Nebulosa de Orión brilla debaixo do cinto de estrelas do Cazador. A exposición rebela esta gardaría estelar cun feble ton rosado. Betelgeuse, a estrela xigante do ombreiro de Orión brilla cunha cor cálida e acolledora semellante á iluminación terrestre, do mesmo xeito que o fai a familiar estrela xigante Aldebarán. A estrela alfa da constelación do Touro, Aldebarán, suxeita a reconocible forma de V trazada polo cúmulo das Híades cara o fondo estrelado.