Categorías
Uncategorized

Retrato de NGC 1055

Créditos da imaxe & Copyright: Martin Pugh

Explicación: A gran e fermosa galaxia espiral NGC 1055 é un membro dominante do pequeno grupo de galaxias, a só 60 millóns de anos-luz de distancia na dirección da acuática e intimidante constelación da Balea (Cetus). Visto de perfil, o universo insular abrangue uns 100.000 anos luz, un pouco máis grande que a nosa propia galaxia Vía Láctea. As coloridas e puntiagudas estrelas que decoran este cósmico retrato de NGC 1055 están no primeiro plano, no interior da Vía Láctea. Pero as reveladoras rexións rosáceas de formación de estrelas están espalladas a través de sinuosos carrís de po ó longo do fino disco da distante galaxia. Cunhas galaxias de fondo aínda máis distantes, a imaxe de ceo profundo tamén revela un halo cuadrado que se extende moi por riba e por baixo do disco central de NGC 1055. Por sí mesmo, o halo está cheo de estructuras febles e estreitas e podería representar os refugallos mezclados e esparexidos dunha galaxia satélite interrumpida pola espiral máis grande fai uns 10.000 millóns de anos.