Categorías
Uncategorized

Xúpiter reúnese con Saturno: A Gran Conxunción

Crédito da imaxe e Copyright: Damian Peach

Explicación: era o momento do seu encontro. Fai dous días Saturno e Xúpiter pasaron a unha décima de grao un do outro no que se coñece como a Gran Conxunción. Aínda que os dous planetas pasan un ao lado do outro cada vinte anos, esta conxunción foi a máis cercana en case catro séculos. A imaxe tomada cedo no día da Gran Conxunción é unha composición de múltiples exposicións que non só captura aos dous xigantes no mesmo plano, senón que tamén captura as catro lúas máis grandes de Xúpiter (de esquerda a dereita): Calisto, Ganímedes, Ío e Europa. E a maior lúa de Saturno, Titán. Se te fixas ben, na imaxen tan clara do Chilescopio tamén é visible a Gran Marcha Vermella de Xúpiter. Agora os dous planetas aínda son visibles excepcionalmente preto (a menos dun grao) cara o oeste, mentres se ocultan xusto despois do Sol durante as derradeiras noites do ano.