Categorías
Uncategorized

Nebulosa Trífida e chorros

Image Credit: NASAESAHubble Space TelescopeHLAProcesado: Advait Mehla

Explicación: os piares de po son como montañas interestelares. Sobreviven grazas a que son máis densos que os arredores, máis son erosionados polo ambiente hostil. Na imaxe amósase a parte final dun piar xigantesco de gas e po na Nebulosa Trífida (M20), enfatizado por un piar de menor tamaño apuntando cara enriba e un chorro inusual apuntando cara a esquerda. Moitos dos puntiños son estrelas de baixa masa recentemente formadas. O gas dunha estrela cercana ao final do piar pequeno é arrincada pola radiación da enormemente brillante estrela situada por fora da parte superior da imaxe. O chorro exténdese por máis dun ano luz e non sería visible sen iluminación externa. Mentres o gas e o po evapóranse dos piares, a estrela oculta da cal emerxe o chorro farase visible posiblemente ao longo dos próximos 20 000 anos.