Categorías
Uncategorized

Pilares e chorros da Trífida

Créditos da Imaxe: NASAESATelescopio Espacial HubbleHLAProcesado: Advait Mehla

Explicación: Os pilares de po son coma montañas interestelares. Sobreviven porque son máis densos que os seus arredores, pero eststán sendo lentamente erosionados por un entorno hostil. Na imaxe destacada é visible o final dun enorme pilar de po e gas na Nebulosa Trifida (M20), interrumpido por un pilar máis pequeño apuntando hacia arriba e un inusual chorro apuntnado á esquerda. Moitos dos puntos son estrelas de baixa masa recén formadas. Unha estrela preto do extremo do final do pequeno pilar está sendo lentamente despoxada do seu gas de acreción por parte dunha estrela tremendamente billante situada na parte superior, por fora da imaxe. O chorro extenénse preto dun ano luz e non sería visible sen iluminación externa. A medida que o gas e o po dust evapóranse dos pilares, a oculta orixe estelar deste chorro probablemetne será descuberta, posiblemente ó longo dos próximos 20.000 anos.