Categorías
Uncategorized

Conxunción tralo solpor

Créditos da imaxe e & Copyright: Alireza Vafa

Explicación: Cómo de preto estarán Xúpiter e Saturno na súa Gran Conxunción? Considere esta fermosa triple conxunción da Lúa, Xúpiter e Saturno tomada a través das nubes no crepúsculo invernal. A vista do teleobxetivo mira hacio o horizonte Oeste e as Montañas Albaroz in Irán despois do solpor do 17 de decembro. O encontro celestial fai doado ver que Xúpiter e o mais feble Saturno están separados nesa data por aproximadamente o diámetro da Lúa crecente. No día da súa Gran Conxunción, o solsticio do día 21 de Decembro, Xúpiter e Saturno poden semellar estar case fusionados. Na súa conxunción máis cercana en 400 anos estarán separados no ceo por só 1/5 do diámetro aparente da Lúa. Por entón os dous mundos máis grandes no Sistema Solar e as súas lúas compartirán o mesmo campo de visón nos telescopios arredor do planeta Terra.