Categorías
Uncategorized

Sonificado: a materia do Cúmulo da Bala

Créditos da Imaxe : Raios X: NASA/CXC/SAO; Óptico: NASA/STScI, Magellan/U.Arizona; Cartografiado da lente: NASA/STScI, ESO WFI, Magellan/U.Arizona; Sonificación: NASA/CXC/SAO/K.Arcand, SYSTEM Sounds (M. Russo, A. Santaguida)

Explicación: Que pasa no Cúmulo Bala? Este gran cúmulo de galaxias (1E 0657-558) produce distorsións de lente gravitacional nas galaxias do fondo dun xeito que se interpreta como un forte indicio dunha importante teoría: a materia escura está presente nel. Sen embargo diferentes análises indican unha alternativa menos popular, a gravidade modificada, que poderían explicar a dinámica do cúmulo sen materia escura e achegan tamén un escenario orixinal máis probable. Na actualidade, as dúas hipóteses científicas compiten para explicar as observacións: materia invisible fronte a gravidade alternativa. O duelo é tan dramático que un exemplo a proba de balas da materia escura esnaquizaría a simplicidade das teorías de gravidade modificada. A imaxe sonificada amosada é unha composición do Hubble/Chandra/Magalhães coas emisións de raios X do gas quente en cor vermella e a distribución separada de materia escura suxerida representada en cor azul. A sonificación asigna tons baixos á materia escura, frecuencias intermedias á luz visible e tons altos aos raios X. A batalla sobre a materia do Cúmulo da Bala probablemente continuará coas novas observacións, simulacións por ordenador e análises.