Categorías
Uncategorized

Gran Conxunción: Saturno e Xúpiter converxen

Crédito da ilustración e Copyright: Sebastian Voltmer

Explicación: está sucedendo. Saturno e Xúpiter achéganse e en poucos días estarán case exactamente na mesma dirección. Coincidindo ca noite do solsticio de decembro, a noite máis longa do ano no hemisferio norte e o día máis longo no hemisferio sur, ocorrerá a longamente agardada Gran Conxunción. Entón, dende hoxe en seis días, Saturno e Xúpiter estarán xusto un ao lado do outro como sucede cada 20 anos. Pero esta xustaposición non é unha Gran Conxunción calquera senón que será a maís cercana dende 1623 xa que ámbolos dous planetas xigantes pasarán a tan só unha décima de grao un do outro, esto é moito menos que o diámetro aparente da Lúa chea no ceo. Nos próximos días a Lúa crecente tamén pasará a uns poucos graos dos planetas converxentes xerando a oportunidade para imaxes icónicas. A ilustración de hoxe amosa o achegamento de Saturno e Xúpiter durante novembro e decembro sobre os Álpes franceses.