Categorías
Uncategorized

Chuvia de meteoros das Xemínidas sobre o Observatorio Xinglong

Créditos da imaxe e Copyright: Steed Yu e NightChina.net

Explicación: De onde veñen os meteoros das Xemínidas? En termos de localización no ceo, como a fermosa imaxe destacada demostra, os pedazos de rocha do tamaño de areas que crean as estelas da chuvia de meteoros das Xemínidas semellan orixinarse dende a constelación dos Xemelgos. En termos do corpo orixinario, as traxectorias do Sistema Solar apuntan ó asteroide 3200 Phaethon — pero isto resulta nun chisco de misterio, posto que o inusual obxeto semella maiormente inactivo. Quizáis, 3200 Phaethon expermenta maiores greater eventos de liberación de po dos que coñecemos. Mais de 50 meteoros, incluindo unha brillante bola de lume capturáronse durante o pico da Chuvia de Meteoros das Xemínidas de 2015 sobre o Observatorio Xinglong, na China. As Xemínidas de Decembro son unhas das mais predecibles e activas chuvias de meteoros activas. Este ano as Xemínidas alcanzan o seu pico esta noite e deberían ser particularmente boas porque, en partet, a prácticamente Lúa nova só se elevará cara o mencer e polo tanto non iluminará o ceo.