Categorías
Uncategorized

Saturno e Xúpiter no Verán de 2020

Créditos da imaxe e Copyright: Tunc Tezel (TWAN), Onur Durma

Explicación: Durante este verán septentrional Saturno e Xúpiter estiveron ambos preto da oposición, opostos ó Sol no ceo do planeta Terra. O seu movemento retrógrado emparexado, visto aproximadamente cada 20 anos, séguese dende o 10 de xuño ata o 28 de agosto nesta composición panorámica mentres deambulan xuntos entre as estrelas ó oeste de Carpricornio e ó leste de Saxitario. Pero nos ceos deste decembro atópanse aínda máis preto un do outro. Xupiter e Saturno son agora faros celestiais brillantes no oeste depois do solpor. No día do solsticio do 21 de decembro alcanzarán a súa magnífica Gran Conxunción en 20 anos. Entón, os dous mundos máis grandes no Solar System asomarán no ceo da Terra afastados por só uns 1/5 do diámetro aparente dunha Lúa Chea.