Categorías
Uncategorized

Cráteres Messier en Estéreo

Créditos da imaxe: Apollo 11NASA; Copyright da Imaxe Estéreo Patrick Vantuyne

Explicación: Moitas nebulosas brillantes e cúmulos estelares no ceo do planeta Teera están asociadas co nome do astrónomo Charles Messier polo seu famoso catálogo do século XVIII. O seu nome tamén se da a estes dous grandes e notables cráteres na Luna. Destacan no oscuro e suave Mar da Fertilidade lunar ou Mare Fecunditatis, Messier (esquerda) e Messier A teñen unhas dimensións de 15 por 8 y 16 por 11 quilómetros respectivamente. A súas formas alongadas explícanse pola traxectoria cun ángulo extremadamente superficial seguida por un impactador, movéndose de esquerda a dereita, que arrincou os cráteres. O impacto superficial tamén resultou en dous brillantes raios de material que se expanden ó longo da superficie cara a dereita, mais aló da imaxe. Destinado a ser ollada con lentes vermellas / azuis (vermellos para o ollo esquerdo), a imaxe estereoscópica do par de cráteres foi recentemente creada a partires de escaneos de alta resolución de dúas imaxes ( AS11-42-6304AS11-42-6305 ) tomadas durante la misión Apolo 11 á Luna.