Categorías
Uncategorized

Simeis 147: Restos dunha supernova

Créditos da imaxe e CopyrightGeorges Attard

Explicación: É sinxelo perderse seguindo os intrincados filamentos en bucle nesta detallada imaxe dos restos da supernova Simeis 147. Tamén catalogada coma Sharpless 2-240, coñécese polo popular nome de Nebulosa Spaghetti. Vista hacia o límite das constelacións de Tauro e Auriga, cobre casi 3 grados ou 6 Lúas cheas no ceo. Iso son uns 150 anos luz na distancia estimada á nube de cascallos estelares de 3000 anos luz. Esta composición inclúe datos de imaxes tomadas a través de filtros de banda estreita onde a emisión avermellada dos átomos ionizados de hidróxeno e átomos doblemente ionizados de osíxeno en tenues tonos azul-verdosos trazan o gas impactado e brillante. Os restos da supernova teñen unha idade estimada duns 40000 anos, o que significa que a luz da explosión estelar masiva alcanzou a Terra fai 40000 anos. Pero os restos en expansión non son a única consecuencia. A catástrofe cósmica tamén deixou atrás unha estrela de neutróns xiratoria ou púlsar, todo o que queda do núcleo da estrella orixinal.