Categorías
Uncategorized

O colapso do Telescopio de Arecibo

Créditos do Video: Arecibo ObservatoryNSF

Explicación: Este foi un gran instrumento científico. Comezando a operar en 1963, o Telescopio de Arecibo en Porto Rico, Estados Unidos, de 305 metros de diámetro foi durante máis de 50 anos o radiotelescopio dun só prato máis grande do mundo. Entre as numerosas primeiras veces e fitos históricos, os datos de Arecibo empregáronse para medir a rotación de Mercurio, cartografíar a superficie de Venus, descubrir os primeiros planetas fora do Sistema Solar, verificar a existencia de radiación gravitacional, busca de intelixencia extraterrestre, e supostamente, localizar radares militares ocultos rastrexando a reflexión dos seus sinais na Lúa. Pasado o seu momento de auxe e en proceso de desmantelamento, o Telescopio de Arecibo sufriu un colapso estructural catastrófico a comezos do mes, tal é como se recolle no video.