Categorías
Uncategorized

Gran conxunción sobre un faro siciliano

Crédito da imaxe e Copyright: Kevin Saragozza

Explicación: non te perdas a vindeira gran conxunción. En menos de dúas semanas, os dous planetas máis grandes do Sistema Solar pasarán angularmente tan preto un do outro no ceo da Terra que a Lúa podería fácilmente cubrilos ambos ao mesmo tempo. Este paso planetario, o 21 de decembro, será o máis cercano dende 1623. Xúpiter e Saturno permanecerán notablemente brillantes e poderán verse xuntos cara o suroeste no solpor. Xusto antes do crepúsculo será o mellor momento para velos xa que ocultaranse tras o horizonte pouco despois. A mediados de novembro, os xigantes Xovianos foron retratados aquí cuns tres graos de separación e achegándose amodo. A imaxe amosada, incluíndo unha Lúa crecente, capturou á parella en movemento máis alá do Cabo de Murro di Porco, en Siracusa, Sicilia, Italia.