Categorías
Uncategorized

M16: Pilares da Creación de Estrelas

Créditos da imaxe: NASAESATelescopio Espacial Hubble, J. Hester, P. Scowen (ASU)

Explicación: Estes pilares escuros poden semellan destructivos, pero están creando estrelas. Esta imaxe dos pilares do interior da Nebulosa da Aguia, tomada polo Telescopio Espacial Hubble en 1995, amosa glóbulos gaseosos en evaporación (evaporating gaseous globules – EGGs) emerxendo de pilares de gas hiróxeno molecular e po. Os pilares xigantes teñen anos luz de lonxitude e son tan densos que o gas interior contráese gravitacionalmente para formar estrelas. No extremo de cada pilar, a intensa radiación do brillo das xóvenes estrelas causa que o material de baixa densidade se evapore, deixando viveiros estelares de densos EGGs expostos. A Nebulosa da Aguia, asociada co cúmulo estelar aberto M16, atópase uns 7000 anos luz de distancia. Os pilares da creación foron capturados máis recentemente en luz infravermella polo Hubble, o Telescopio Espacial Spitzer da NASA e o  Observatorio Espacial Herschel da ESA, amosando novos detalles.