Categorías
Uncategorized

Mons Rumker no Océano das Tormentas

Créditos da imaxe e CopyrightJean-Yves Letellier

Explicación: Mons Rumker, un complexo de cumios volcánicos de 70 quilómetros de ancho, elévase uns 1100 metros por riba do vasto e suave mar lunar coñecido coma Oceanus Procellarum, o Océano das Tormentas. A luz do día chegou á área a finais do mes pasado. O terminador lunar, a liña de sombra entre a noite e o día, percórrea diagonalmente a través do lado esquerdo nesta aproximación telescópica da Lúa xibosa crecente do 27 de novembro. O lugar de aterraxe da misión China Chang’e-5 está tamén no cadro. A combinación de aterrador – módulo de ascenso da sonda aterra sobre a superficie lunar nunha rexión á dereita do centro e ó norte dos cumios do Mons Rumker o 1 de decembro. O 3 de decembro o módulo de ascenso deixou o Océano das Tormentas carrexando 2 quilogramos de material lunar para regresar ó planeta Terra.