Categorías
Uncategorized

As Galaxias Antena en colisión

Créditos da Imaxe: ESA/Hubble NASA

Explicación: a sesenta millóns de anos luz de distancia cara a constelación do Corvo no hemisferio sur, estas dúas grandes galaxias atópanse en colisión. Este impacto cósmico capturado en gran detalle polo Telescopio Espacial Hubble precisa de centos de millóns de anos para acontecer. Catalogadas como NGC 4038 e NGC 4039, as estrelas das galaxias individuais rara vez colisionan entre elas. As grandes nubes de gas molecular e po si que o fan, iniciando activos episodios de formación estelar na zona central da colisión. Novos cúmulos estelares e material interestelar comezan a rebulir e son lanzados lonxe da escea do accidente polas forzas gravitatorias. Este primeiro plano do Hubble abrangue uns 50 000 anos luz de extensión á distancia estimada á que se atopan as galaxias. As vistas de campo máis amplo son tamén moi fascinantes amosando grandes estructuras con forma de arco de centos de miles de anos luz de tamaño, esta forma é a que lle da o seu nome popular ao par de galaxias, as Galaxias Antena.