Categorías
Uncategorized

O ollo da Lúa

Créditos da Imaxe e Copyright: Zachery Cooley

Explicación: Quen olla a quen? A imaxe da Lúa vista ao través dun buraco nunha parede de rocha semella un ollo xigante mirando para nós. Aínda que a finais de Outubro só foi necesaria unha soa toma para captar esta imaxe, require moita planificación. O fito fotográfico conseguiuse grazas a unha coordinación moi precisa, necesaria para captar unha Lúa case chea a través do arco con forma de ollo, unha posición moi precisa para que o tamaño angular da Lúa axustara á perfección no interior da rocha, e boa sorte para ter un claro ceo azul. A composición aparentemente por casualidade foi realmente deseñada grazas á axuda de tres aplicacións para teléfonos intelixentes. O arco de pedra retratado, tallado pola erosión, ten millóns de anos de antigüidade e é tan só un dos miles de arcos naturais de pedra que se atopan no Arches National Park, preto de Moab, en Utah nos Estados Unidos de América. En contraste, a Lúa pode atoparse prácticamente en calquer lugar da Terra durante case a metade do tempo.