Categorías
Uncategorized

NGC 346: un cúmulo de formación estelar na Pequena Nube de Magalhães

Crédito da Imaxe e LicenciaNASAESAHubble; Procesado: Judy Schmidt

Explicación: aínda hai estrelas en formación nas galaxias satélite da Vía Láctea? Atopada no medio dos cúmulos e nebulosas da Pequena Nube de Magalhães (SMC polas suas siglas en inglés), NGC 346 é unha rexión de formación estelar duns 200 anos luz de extensión, amosada aquí no centro desta imaxe do Telescopio Espacial Hubble. A Pequena Nube de Magalhães atópase a tan só 210 000 anos luz e é unha galaxia satélite da Vía Láctea. Localizada na constelación do Tucán trátase dunha das marabillas do ceo nocturno no hemisferio sur. Explorando NGC 346 os astrónomos identificaron unha poboación de embrións estelares enfiados ao longo das escuras liñas de po visibles cara a dereita da imaxe. Aínda colapsando a partires das súas nubes primixenias, a luz dos cativos estelares torna de cor vermella por efecto do po. Cara a parte superior da imaxe atópase outro cúmulo estelar con estrelas intrínsecamente vellas e vermellas. Como se fora unha pequena e irregular galaxia, a propia Pequena Nube de Magalhães representa un tipo de galaxia moi común ao comezo do Universo. Sen embargo, pénsase que estas pequenas galaxias formaron os bloques constituíntes das galaxias actuais.