Categorías
Uncategorized

A nebulosa Trompa do Elefante en Cefeo

Créditos da imaxe & Copyright: Chad Leader

Explicación: Coma unha ilustración na galáctica Just So Story, a nebulosa Trompa do Elefante serpentea a través da nebulosa de emisión e o xoven complexo de cúmulos estelares IC 1396, na alta e lonxana constelación de Cefeo. Tamén coñecida como vdB 142, a trompa de elefante cósmico ten máis de 20 anos luz de longo. Esta detallada vista de preto obtívose a través de filtros de banda estreita que transmiten a luz dos átomos ionizaos de hidróxeno e osíxeno na rexión. A composición resultante resalta as brillantes crestas que delinean as bolsas de frío po interestelar e gas. Tales nubes embebidas, escuras, con forma de tendril conteñen a materia prima para a formación de estrelas e agochan protoestrelas no seu interior. A preto de 3.000 anos luz de distancia o relativamente feble complexo IC 1396 cobre unha larga rexión do ceo, extendéndose máis de 5 graos. Esta dramática escena abarca un ángulo de visión dun grao de anchura, preto do tamaño de dúas lúas cheas.