
Créditos da imaxe e Copyright: Luc Debeck
Explicación: Marte vése moi nítido nesta imaxe tomada o 23 de Xullo cun telescopio de xardín en Hoegaarden, Bélxica, no planeta Terra. O brillante polo sur do Planeta Vermello é iluminado pola luz do Sol dende a parte superior nesta imaxe invertida, mentras a mancha escura coñecida como Syrtis Major exténdese cara o borde dereito (leste) do planeta. Elevándose cara a medianoite, aínda faltan varios meses ata que o Planeta Vermello acade a súa propia oposición no comezo de Outubro. As vistas a través do telescopio mellorarán aínda máis a medida ca Terra, na súa órbita máis veloz, alcance a Marte, e o disco vermello creza e se faga máis brillante. O cráter marciano Jezero atópase na rexión de Syrtis Major, este lugar será o punto de aterraxe do Rover Perseverance da NASA, cuxo lanzamento levarase a cabo hoxe.
Imaxes do Cometa NEOWISE dende a Terra: 29, 28, 27, 26, 25, 24 de Xullo