Categorías
Uncategorized

MAGIC NEOWISE


Créditos da imaxe e Copyright: Urs Leutenegger

Os telescopios múltiples MAGIC de 17 metros de diámetro reflicten a noite estrelada dende o Observatorio do Roque de los Muchachos na illa de La Palma nas Illas Canarias. As siglas MAGIC significan Telescopio de Raios Gamma por Emisión de Radiación Cherenkov na Atmosfera (Major Atmospheric Gamma Imaging Cherenkov), estes telescopios poden ver os fugaces escintileos de luz visible xerados cando os raios cósmicos de alta enerxía impactan nas capas altas da atmosfera.
O 20 de Xullo, dous dos tres telescopios da fotografía estaban na procura de raios gamma provenientes do centro da Vía Láctea. No seu reflexo mostran o brillo das estrelas de Saxitario e o Escorpión cara o suroeste, preto do núcleo galáctico. Máis alá do conxunto de espellos segmentados e baixo o Carro Maior ou Setestrelo atópase o cometa NEOWISE. NEOWISE significa Explorador de Infravermellos de Campo Amplo de Obxectos Próximos á TErra (Near Earth Object Wide-field Infrared Survey Explorer). Este foi o satélite en órbita terrestre empregado no descubrimento do cometa designado como C/2020 F3, pero iso xa o sabes.

Imaxes do cometa NEOWISE
Xullo 23 22 || 21 || 20 || 19 || 18 || 17 || 16 || 15 || 14 || 13 || 12 || 11 || 10 e anteriores ||
Categorías
Uncategorized

Neowise: un conto de fadas

Créditos a imaxe e copyright: Stephane Guisard (Los Cielos de AmericaTWAN)

O po cometario cae por un ceo crepuscular nesta escena de soño,s pero non é a apertura dunha película de contos de fadas. Con todo, o castelo de Neuschwanstein nos Alpes bávaros inspirou o castelo da Bela Durminte de Disneyland. A raia brillante por riba das torres do castelo, captada o 20 de xullo, é probablemente un meteoro das perseidas. Aínda que chegan ao máximo a mediados de agosto, a chuvia de meteoros anual do verán xa está activa. O ronsel meteórico sobre o castelo de fadas pode seguirse cara atrás deica o radiante da chuvia na heroica constelación de Perseo, por fóra da marxe superior esquerda do cadro. Os meteoros das perseidas prodúcense polo po do cometa periódico Swift-Tuttle. Coa súa propia cola ampla de po cruzando agora os ceos setentrionais a aparición celeste por riba do horizonte afastado é o actual preferido da Terra, o cometa NEOWISE.

Imaxes do cometa NEOWISE:  xullo 21 | | 20 | | 19 | | 18 | | 17 | | 16 | | 15  || 14 | | 13 | | 12 | | 11 | | 10 e antes ||