Categorías
Uncategorized

Xúpiter e as lúas

Créditos da imaxe & Copyright: Robert Fedez

Explicación: Cantas lúas ves? Moita xente diría unha, en referencia á Lúa da Terra, prominente abaixo á esquerda. Pero vota unha ollada de preto ao obxecto na parte superior dereita. O que semella unha estrela é realmente o plantea Xúpiter, e a túa ollada de preto podería revelar que non está só – está arrodeado por algunha das súas lúas máis grandes. De esquerda a dereita estas Lúas de Galileo son ÍoGamínedesEuropa e Calisto. Estas lúas orbitan o mundo xoviano como os planetas do noso Sistema Solar orbitan o Sol, nunha liña cando se ven dende o lado. A imaxe única destacada foi capturada a semana pasada dende CancúnMéxico, na súa órbita arredor da Terra, se deslizou polo distante planeta. Incluso mellores vistas de Xúpiter están sendo actualmente capturadas pola sonda Juno da NASA, agora nunha órbita en bucle arredor do planeta máis grande do Sistema Solar. A Lúa da Terra continuará a pasar casi por diante de Xúpiter e Saturno unha vez ó mes (mes — month – moon-th) mentres os dous planetas xigantes se aproximan a súa propia gran conxunción en Decembro.

Categorías
Uncategorized

Restos de auga salgada en Ceres

Créditos do vídeo: Dawn MissionNASAJPL-CaltechUCLA, MPS/DLR/IDA

Explicación: ten Ceres bolsas subterráneas de auga? Ceres, o maior asteroide do cinto de asteroides, pensábase que estaba composto de roca e xeo. Ao mesmo tempo, Ceres era coñecido por ter estraños puntos brillantes na súa superficie. Estes puntos brillantes foron fotografados con claridade durante a fascinante aproximación de Dawn en 2015. As análises das imaxes e os espectros de Dawn indicaron que os puntos brillantes xorden de residuos de auga salgada moi reflectores, que adoitaban estar na superficie de Ceres pero que se evaporaron. Análises recentes indican que parte desa auga pode orixinarse nas profundidades de Ceres, o que evidencia que Ceres ten unha natureza semellante a varias lúas do Sistema Solar, que tamén se cre que albergan bolsas de auga profundas. O vídeo mostra en cor rosa artificial a brillante salmoira evaporada chamada fácula Cerealia, no cráter Occator. En 2018, a nave Dawn, da triunfal misión pero que esgotou o combustible, foi colocada nunha órbita de estacionamento distante, manténdoa afastada da superficie de Ceres durante polo menos vinte anos, para evitar interferir con calquera vida que puidese existir.

Categorías
Uncategorized

SS 433: estrela binaria microquásar

Créditos da animación: DESYScience Communication Lab

Explicación: o SS 433 é un dos sistemas estelares máis exóticos que coñecemos. O seu nome pouco rechamante provén da súa inclusión nun catálogo de estrelas da Vía Láctea, que emiten unha radiación característica de hidróxeno atómico. O seu extraordinario comportamento débese a un obxecto compacto, un buraco negro ou unha estrela de neutróns, que produciu un disco de acreción con chorros. Debido a que o disco e os chorros do SS 433 parécense aos que rodean aos buracos negros supermasivos dos centros de galaxias distantes, SS 433 considérase un microquásar. Como se ilustra na animación baseada en datos de observación, unha estrela masiva, quente e normal orbita o obxecto compacto. Ao comezar a animación, aparece material arrincado gravitacionalmente da estrela normal, e caendo nun disco de acreción. A estrela central tamén lanza chorros de gas ionizado en direccións opostas —cada un deles a un cuarto da velocidade da luz—. A animación entón desprégase para mostrar unha vista superior dos chorros en precesión producindo unha espiral en expansión. Desde distancias aínda maiores, os chorros que se disipan visualízanse preto do corazón do resto da supernova W50. Hai dous anos, o SS 433 foi atopado inesperadamente polo conxunto de detectores de HAWC en México, ao emitir raios gamma de enerxía excepcionalmente alta (rango TeV). As sorpresas continúan, xa que unha recente análise de datos arquivados tomados polo satélite Fermi da NASA atopou unha fonte de raios gamma —separada das estrelas centrais como se mostra— que pulsa nos raios gamma cun período de 162 días —o mesmo que o período de precesión do SS 433— por razóns aínda descoñecidas.

Categorías
Uncategorized

NGC 6357: Catedral ás Estrelas Masivas

Créditos da imaxe: NASAESA e Jesús Maíz Apellániz (IAA, Spain); Agradecementos: Davide De Martin (ESA/Hubble)

Explicación: Cómo de masiva pode ser unha estrela normal? Estimacións feitas a partires da distancia, brillo e modelos solares estándar deron a unha galaxia no cúmulo aberto Pismis 24 máis de 200 veces a masa do noso Sol, facéndoa unha das estrelas máis masivas coñecidas. Esta estrela é o obxeto máis brillante localizado xusto en riba do frente gaseoso na imaxe destacada. Unha inspección de preto das imaxes tomadas co Telescopio Espacial Hubble, non obstante, amousou que Pismis 24-1 debe a súa brillante luminosidade non a unha única estrela senón a tres polo menos. As estrelas compoñentes ficarían preto das 100 masas solares, sendo das estrelas máis masivas das que actualmente se ten rexistro. Hacia a parte inferior da imaxe, as estrelas aínda se están a formar na asociada nebulosa de emisión NGC 6357. Asemellando quizáis coma unha catedral Gótica, as estrelas enerxéticas preto do centro semellan estar brotando e iluminando unha espectacular casula.

Categorías
Uncategorized

Clarescuro marciano

Créditos da imaxe: HiRISEMROLPL (U. Arizona)NASA

Explicación: As sombras profundas crean vistosos contrastes entre a luz e a escuridade neste primeiro plano de alta resolución da superficie marciana. Fotografada o 24 de xaneiro de 2014 pola cámara HiRISE a bordo do orbitador de recoñecemento de Marte (Mars Reconnaissance Orbiter), toda a escena abarca 1,5 quilómetros. Dende 250 quilómetros sobre o planeta vermello a cámara apunta a un campo de dunas de area nun cráter na zona montañosa meridional. Capturado cando o sol estaba 5 graos sobre o horizonte local, soamente as crestas das dunas aparecen iluminadas pola luz do Sol. Un longo e frío inverno aproxímase ao hemisferio meridional e as relucentes crestas da xeada estacional debuxan as dunas marcianas. O orbitador de recoñecemento de Marte (Mars Reconnaissance Orbiter), unha das naves operativas máis antigas no planeta vermello, celebrou o 15 aniversario do seu lanzamento dende o planeta Terra o 12 de agosto.