Categorías
Uncategorized

Cometa Neowise sobre o desfiladeiro Vikos

Créditos da imaxe & Copyright: Constantine Emmanouilidi

Explicación: Desgarrouse a Terra a sí mesma para amosarnos este cometa? Por suposto que non, aínda que esta imaxe pareza semellar o contrario. No fondo aparece o Cometa NEOWISE tal e como se amosaba fai unhas dúas semanas sobre o norte de Grecia. Sobre o cometa hai moitas estrelas incluido as brillantes estrelas da Osa Maior (Big Dipper) (tamén o Feiticeiro, na mitoloxía Azteca), un asterismo que moita xente arredor do mundo empregou para etopar o cometa a simple vista mentres flotaba nos ceos do norte ó longo do mes pasado. No primeiro plano atópase o Desfiladeiro Vikos, o desfiladeiro máis profundo na Terra, en relación a súa anchura. O desfiladoiro foi lentamente creado pola erosión producida polo río Voidomatis durante os últimos millóns de anos. A captura desta imaxe requeriu moita planificación, espera, sorte, loita contra fortes ventos, e evitar ós lobos locais. O Cometa C/2020 F3 (NEOWISE) continúa a esvaecerse e agora vese mellor con anteollos mentres se dirixe de volta ó Sistema Solar exterior.

Categorías
Uncategorized

Dous mundos, un Sol

Dous mundos, un Sol
Créditos e copyright imaxe esquerda: Damia Bouic;
Créditos imaxe dereita: NASAJPL-CaltechMSSSProcesado dixital: Damia Bouic

Explicación: Cómo de diferente pode parecer un solpor dende Marte ou dende a Terra? Por comparación, dúas imaxes da nosa estrela común tomáronse ó solpor, unha dende a Terra e outra dende Marte. Estas imaxes escaláronse para ter a mesma amplitude angular e foron destacadas aquí unha ó carón da outra. Unha rápida análisise revelará que o Sol aparece lixeiramente máis pequeno dende Marte que dende a Terra. Isto ten senso posto que Marte atópase un 50% máis afastado do Sol que a Terra. Máis sorprendente, quizáis, é que o solpor marciano é notablemente máis azulado preto do Sol que as cores laranxas típicas preto do Sol na súa posta dende a Terra. A razón para os tonos azuis dende Marte non se comprende totalmente, pero pénsase que está relacionado coas propiedades de dispersión do po marciano. O solpor terrestre foi capturado en Marzo de 2012 dende MarsellaFrancia, mentras que o solpor marciano capturouno no 2015 o rover da NASA Curiosity  dende o crater Gale en Marte. A pasada semana un novo rover e un helicóptero — a bordo da misión Mars 2020 — lanzáronse cara Marte.

Categorías
Uncategorized

A nebulosa Trompa do Elefante en Cefeo

Créditos da imaxe & Copyright: Chad Leader

Explicación: Coma unha ilustración na galáctica Just So Story, a nebulosa Trompa do Elefante serpentea a través da nebulosa de emisión e o xoven complexo de cúmulos estelares IC 1396, na alta e lonxana constelación de Cefeo. Tamén coñecida como vdB 142, a trompa de elefante cósmico ten máis de 20 anos luz de longo. Esta detallada vista de preto obtívose a través de filtros de banda estreita que transmiten a luz dos átomos ionizaos de hidróxeno e osíxeno na rexión. A composición resultante resalta as brillantes crestas que delinean as bolsas de frío po interestelar e gas. Tales nubes embebidas, escuras, con forma de tendril conteñen a materia prima para a formación de estrelas e agochan protoestrelas no seu interior. A preto de 3.000 anos luz de distancia o relativamente feble complexo IC 1396 cobre unha larga rexión do ceo, extendéndose máis de 5 graos. Esta dramática escena abarca un ángulo de visión dun grao de anchura, preto do tamaño de dúas lúas cheas.

Categorías
Uncategorized

Mars 2020 a 5000 pés

Créditos da imaxe e Copyright: John Kraus

Explicación: este xoves, esta foto tirada dende un pequeno avión voando a 5000 pés sobre a costa de Florida, captura a estela dun foguete ascendendo no ceo azul da mañá. Este foi o terceiro lanzamento do mes de Xullo dunha misión dende o planeta Terra con destino a Marte. O foguete Atlas V despega dende a rampa de lanzamento 41 na base aérea de Cabo Cañaveral ás 7:50am EDT (1:50pm hora peninsular) levando o rover da NASA Mars 2020 Perseverance (perseverancia). Este vehículo do tamaño dun coche diríxese ao seu lugar de aterraxe no Cráter Jezero no planeta vermello en Febreiro de 2021. A bordo deste sofisticado rover tamén viaxa o helicóptero marciano Ingenuity (enxeño).

Lanzamento de Mars 2020: fotos dende o planeta Terra



Categorías
Uncategorized

Marte, o planeta vermello

Créditos da imaxe e Copyright: Luc Debeck

Explicación: Marte vése moi nítido nesta imaxe tomada o 23 de Xullo cun telescopio de xardín en Hoegaarden, Bélxica, no planeta Terra. O brillante polo sur do Planeta Vermello é iluminado pola luz do Sol dende a parte superior nesta imaxe invertida, mentras a mancha escura coñecida como Syrtis Major exténdese cara o borde dereito (leste) do planeta. Elevándose cara a medianoite, aínda faltan varios meses ata que o Planeta Vermello acade a súa propia oposición no comezo de Outubro. As vistas a través do telescopio mellorarán aínda máis a medida ca Terra, na súa órbita máis veloz, alcance a Marte, e o disco vermello creza e se faga máis brillante. O cráter marciano Jezero atópase na rexión de Syrtis Major, este lugar será o punto de aterraxe do Rover Perseverance da NASA, cuxo lanzamento levarase a cabo hoxe.

Imaxes do Cometa NEOWISE dende a Terra: 292827262524 de Xullo