Categorías
Uncategorized

A pegada do lanzamento da misión Crew-1

Créditos da imaxe e Copyright: Jen Scott

Explicación: abandonando a Terra por un intre, o foguete Falcon 9 de SpaceX debuxa un arco no ceo nocturno o pasado domingo ás 7:27 PM EST (hora do leste de Norteamérica). Esta exposición de 3 minutos e 20 segundos amosa a pegada do lanzamento sobre a rampa 39A do Centro Espacial Kennedy. O foguete transporta catro astronautas de camiño á Estación Espacial Internacional durante o primeiro voo oficial desta nave espacial comercial tripulada certificada pola NASA. Alcumada Resilience (Resiliencia), os astronautas da nave Crew Dragon atracaron con éxito na ISS un día máis tarde, o luns 16 de novembro. Ao final da súa estancia de 6 meses na ISS, os astronautas que forman a tripulación da Crew-1 empregarán esta mesma nave para retornar á Terra. Por suposto, 9 minutos despois do lanzamento, a primeira etapa do foguete Falcon 9 retornou á Terra aterrando no Oceano Atlántico sobre a plataforma mariña autónoma chamada Just Read The Instructions (Só lee as instruccións).

Categorías
Uncategorized

Cúmulo dobre de Perseo

Créditos da imaxe e Copyright: Greg Polanski

Explicación: a maioría dos cúmulos estelares son singularmente impresionantes. Sen embargo, os cúmulos abertos NGC 869 e NGC 884 pódense considerar dobremente impresionantes. Tamén coñecidos como “h e khi Persei”, este inusual cúmulo dobre é brillante dabondo como para ollarse sen anteollos. Aínda que o seu descubrimento posiblemente precedera rexistros históricos, o astrónomo grego Hiparco catalogouno como cúmulo dobre.
Ámbolos dous cúmulos atópanse a máis de 7 000 anos luz cara a constelación de Perseo, pero só están separados por uns centros de anos luz. Ademáis de atoparse físicamente preto entre eles, as súas idades baseadas nas súas estrelas individuais son semellantes, indicando que os dous cúmulos tiveron a súa orixe na mesma rexión de formación estelar.

Categorías
Uncategorized

Un brillante STEVE e a Vía Láctea

Créditos da imaxe: NASAKrista Trinder

Explicación: Que está a crear estas longas e brillantes raias no ceo? Ninguén está seguro. Coñecidas como Strong Thermal Emission Velocity Enhancements ( STEVEs), estas cintas luminosas de cor púrpura no ceo poden parecerse ás auroras de sempre, pero investigacións recentes revelan diferenzas importantes. A gran lonxitude dun STEVE e as súas raras cores, cando se miden con precisión, indican que pode estar relacionado cunha deriva de ións subaurorales (SAID), un río supersónico de ións atmosféricos quentes que antes se pensaba que eran invisibles. Agora tamén crese que algúns STEVEs están acompañados por estruturas de valos verdes, unha serie de listóns no ceo que poden aparecer fóra do óvalo auroral principal e que non involucran moito nitróxeno brillante. A imaxe tomada cun gran angular mostra un STEVE nun ceo escuro sobre Childs Lake, Manitoba, Canadá, en 2017, cruzando diante da banda central da nosa Vía Láctea.

Categorías
Uncategorized

Luz e gloria sobre Creta

Créditos da imaxe e copyrightTomáš Slovinský

Explicación: o mes era xullo, o lugar era a illa grega de Creta e o ceo foi espectacular. Por suposto que estaban as estrelas habituais como Polaris, Vega e Antares… e ese asterismo común que todo o mundo coñece: a Osa Maior. Pero este ceo só acababa de empezar. A banda da Vía Láctea aparvaba mentres arqueábase a través da noite como unha ponte feita de estrelas e po, pero salpicado de nebulosas vermellas como caramelos. Os planetas Saturno e Xúpiter eran tan brillantes que querías deter á xente na praia e sinalalos. O aire brillaba como un arco da vella —pero o que realmente levou a gloria foi un cometa—. Xusto sobre o horizonte do Norte, o cometa NEOWISE estendeu as súas colas como nada que vises antes ou que poidas volver a ver. Mirando con asombro, só había unha cousa que facer: tomar unha foto.

Categorías
Uncategorized

No canto da galaxia NGC 5866

Créditos da imaxe: NASAESA, e The Hubble Heritage Team (STScI/AURA); Agradecementos: W. Keel (U. Alabama)

Explicación: Por qué é esta galaxia tan delgada? Moitas galaxias de disco son tan finas como NGC 5866, amosada aquí, pero non se ven ven de perfil dende o noso punto de vista. Unha galaxia situada de perfil é a nosa propia Galaxia Vía Láctea. Clasificada como galaxia lenticular, NGC 5866 ten numerosas e complexas liñas de po que aparecen oscuras e vermellas, mentres que moitas das estrelas brillantes do disco confírenlle un ton subxacente azulado. O disco azul das estrelas xóvenes pode verse extendéndose máis aló do no extraordinariamente delgado plano galáctico, mentres que o bulbo no disco central semella tinguido máis anaranxado debido ás estrelas máis vellas e vermellas que probablemente existan alí. Aínda que cunha masa similar á nosa Galaxia vía Láctea, a luz precisa case 60.000 anos atravesar NGC 5866, case un 30 por cento menos do que precisa para atravesar a nosa propia galaxia. En xeral, moitas galaxias de disco son moi delgadas porque o gas que as formou colisionou consigo mesmo mentres que rotaba ó redor do centro gravitacional. A galaxia NGC 5866 atópase a preto de 44 millóns de anos luz de distancia hacia a constelación do Dragón (Draco).