Categorías
Uncategorized

Marte, o planeta vermello

Créditos da imaxe e Copyright: Luc Debeck

Explicación: Marte vése moi nítido nesta imaxe tomada o 23 de Xullo cun telescopio de xardín en Hoegaarden, Bélxica, no planeta Terra. O brillante polo sur do Planeta Vermello é iluminado pola luz do Sol dende a parte superior nesta imaxe invertida, mentras a mancha escura coñecida como Syrtis Major exténdese cara o borde dereito (leste) do planeta. Elevándose cara a medianoite, aínda faltan varios meses ata que o Planeta Vermello acade a súa propia oposición no comezo de Outubro. As vistas a través do telescopio mellorarán aínda máis a medida ca Terra, na súa órbita máis veloz, alcance a Marte, e o disco vermello creza e se faga máis brillante. O cráter marciano Jezero atópase na rexión de Syrtis Major, este lugar será o punto de aterraxe do Rover Perseverance da NASA, cuxo lanzamento levarase a cabo hoxe.

Imaxes do Cometa NEOWISE dende a Terra: 292827262524 de Xullo

Categorías
Uncategorized

Os xigantes do verán

Créditos da Imaxe e Copyright: Jean-Luc Dauvergne

Explicación: mentres o Cometa NEOWISE pecorre os ceos boreais, Xúpiter e Saturno brillan con forza preto da oposición.
Con Xúpiter en oposición ao Sol o 14 de Xullo e Saturno o 21 de Xullo, ámbolos dous planetas xigantes atópanse na súa posición máis próxima á Terra en 2020. Compartindo a constelación de Saxitario, pódense contemplar durante toda a noite, ofrecendo as súas mellores e máis brillantes vistas a través do telescopio. Estas dúas nítidas imaxes capturadas o 22 de Xullo dende un balcón de París non decepcionan, amosando as características máis famosas de cada un dos planetas, os aneis de Saturno e a Gran Mancha Vermella de Xúpiter. Estos dous xigantes dos Sistema Solar paga a pena seguilos durante todo o 2020. O 21 de Decembro, os astrónomos poderán contemplar a gran conxución de Xúpiter e Saturno, feito que sucede unha vez cada 20 anos.

Imaxes do Cometa NEOWISE dende a Terra: 2827262524 de Xullo

Categorías
Uncategorized

NGC 6188: os dragóns de Ara

Créditos da imaxe e copyright: Ariel L. Cappelletti

Explicación: as formas negras de bordos brillantes que xorden do po de NGC 6188 teñen deceas de anos luz de lonxitude. Esta nebulosa de emisión atópase aparentemente preto da, polo contraio, escura e grande nube molecular da constelación austral de Ara, arredor de 4000 anos luz máis aló. Nadas naquela rexión hai só uns poucos millóns de anos, as xóvenes estrelas masivas que forman parte da asociación estelar de tipo OB1 de Ara esculpen estas fantásticas figuras, facéndoa brillar cos seus ventos estelares e intensa radiación ultravioleta. Esta recente formación estelar foi desencadeada seguramente polos ventos estelares e explosións de supernovas das xeracións previas de estrelas masivas, que varreron e comprimiron o gas molecular. A imaxe que se amosa foi feita durante máis de 10 horas cun telescopio dende un xardín en Córdoba (Arxentina) e foi coloreada empregando a paleta de cores do Hubble, destacando as emisións de xofre, hidróxeno e osíxeno en tonalidades vermellas, verdes e azuis. O campo de visión esténdese case catro Lúas cheas, o que corresponde cunha distancia de 150 anos luz á distancia estimada de NGC 6188.

Categorías
Uncategorized

Cometa e lóstrego por riba das montañas Bighorn

Créditos da imaxe e copyright: Kevin Palmer

Explicación: Normalmente, Steamboat Point vese xenial… pero non tan xenial. Cada día, o icónico pico das Montañas Bighorn ofrece unha vista interesante, en particular dende a autopista 14 dos EUA, en Wyoming. Nalgúns raros días, as rochosas crestas verticais parecen aínda máis incribles cando se ven fronte a unha distante tormenta eléctrica. A principios deste mes, non obstante, algo aínda máis incrible aconteceu – o cometa visible a ollo nu NEOWISE elevouse sobre el no medio da noite. Xusto cando unha tormenta eléctrica afastada acontecía no fondo. Recoñecendo unha rara oportunidade, un astrofotógrafo con determinación pasou unha noite sen durmir capturando máis de 1400 imaxes desta inhabitual triple conxunción. A imaxe destacada é unha das mellores, co primeiro plano iluminado pola Lúa poñéndose á dereita. O cometa C/2020 F3 (NEOWISE) diríxese agora de volta ao Sistema Solar Exterior, destinado a voltar só nuns 6700 anos.

Categorías
Uncategorized

Voando polo Campo Ultrafondo do Hubble

Créditos do vídeo: NASA, ESA, F. Summers, Z. Levay, L. Frattare, B. Mobasher, A. Koekemoer e o equipo HUDF (STScI)

Explicación: cómo sería voar a través do universo distante? Para averigualo, un equipo de astrónomos estimou as distancias relativas a cerca de 5.000 galaxias dun dos máis afastados campos de galaxias nunca imaxinado: o Campo Ultra Fondo do Hubble (Hubble Ultra Deep FieldHUDF). Xa que a luz necesita un longo tempo para cruzar o universo, a maioría das galaxias visibles no vídeo destacado vense como cando o universo tiña só unha fracción da súa idade actual, aínda formándose, e con formas inusitadas en comparación coas galaxias modernas. As galaxias maduras de aspecto espiral como a nosa Vía Láctea ou a Galaxia de Andrómeda aínda non existen. Cara o fin do vídeo o observador virtual voa polas galaxias máis distantes no campo HUDF, rexistradas cun desprazamento ao vermello. Esta primeira clase de galaxias de baixa luminosidade probablemente contiña estrelas enerxéticas emitindo luz que transformaba moita da restante materia normal do universo de gas frío a un plasma quente ionizado.

Astrofísicos: Consulte máis 2.200 de códigos na Biblioteca de Código Fonte de Astrofísica (Astrophysics Source Code Library)