Categorías
Uncategorized

M1: a Nebulosa do Cangrexo dende o Hubble

Créditos da imaxe: NASAESAHubble, J. Hester, A. Loll (ASU)

Explicación: Esta é a desfeita que queda cando unha estrela explota. A Nebulosa do Cangrexo, o resultado dunha supernova vista no ano 1054 D.C., está chea de misteriosos filamentos. Os filamentos non só son tremendamente complexos senón que semellan ter menos masa que a expulsada na supernova orixinal e unha maior velocidade da esperada dunha explosión libre. A imaxe destacada, tomada polo Telescopio Espacial Hubble, preséntase en tres cores escollidas polo interese científico. A Nebulosa do Cangrexo espállase uns 10 anos luz. No centro da nebulosa atópase un púlsar: unha estrela de neutróns tan masiva coma o Sol pero tan só co tamaño dunha  pequena cidade. O púlsar do Cangrexo rota unhas 30 veces por segundo.

Categorías
Uncategorized

Unha lúa de Falcon 9

Créditos da imaxe & Copyright: Katie Darby

Explicación: iluminando a noite do planteta Terra, as lúas cheas poden ter moitos nomes. Este ano a última lúa chea do verán do hemisferio norte foi o 2 de setembro, coñecida por algúns como a Lúa de millo. Uns poucos días antes, o 30 de agosto, esta lúa case chea saiu xusto antes do solpor, brillando a través dos nubrados ceos sobre a base da Forza Aérea en Cabo Cañaveral na Costa Espacial deFlorida. Unha intantánea ben planificada captou o resplandor dos motores do fogete encendidos baixo o disco lunar, a primeira etapa dun foguete Falcon 9 voltando de xeito exitoso á zona de aterraxe 1 de Cabo Cañaveral. Uns 9 minutos antes, o mesmo foguete Falcon 9 de SpaceX lanzou o satélite SAOCOM 1B a unha órbita polar. O cuarto lanzamento desta primeira etapa reusable do Falcon 9, foi o primeiro lanzamento a unha órbita polar dende Cabo Cañaveral dende 1969.

Categorías
Uncategorized

A Nebulosa do Mago

Créditos da imaxe e Copyright: Andrew Klinger

Explicación: o cúmulo estelar aberto NGC 7380 atópase aínda sumerxido na súa nube orixinaria de po e gas interestelar coñecida popularmente como a Nebulosa do Mago. Á esquerda da imaxe, con estrelas do plano da nosa Vía Lactea ao fondo e por diante, atópase a uns 8000 anos luz de distancia cara a constelación de Cefeo. En tamaño aparente no ceo, a lua chea abranguería o xoven cúmulo de tan só 4 millóns de anos e a súa nebulosa asociada, normalmente demasiado feble para ser observada a ollo ceibe. Feita cun telescopio e unha cámara firmemente situada sobre a Terra, a imaxe revela múltiples formas de varios anos luz de tamaño e estruturas de po e gas cósmico dentro do Mago nunha paleta de cores moi popular nas imaxes do Telescopio Espacial Hubble. Capturada con filtros de paso banda estreitos, as lonxitudes de onda da luz visible dos átomos de hidróxeno, osíxeno e xofre da nebulosa transfórmanse en verde, azul e vermello na composición final.

Categorías
Uncategorized

Un halo para Andrómeda

Crédito da ilustración dixital: NASAESA, J. DePasquale e E. Wheatley (STScI) e Z. Levay

Explicación: M31, a Galaxia de Andrómeda é a gran galaxia espiral máis preto da nosa Vía Láctea. A 2.5 millóns de anos luz de distancia brilla no ceo nocturno da Terra como unha pequena e borrosa nube alongada apenas visible a ollo ceibe. En cambio, permanece invisible ao noso ollo o seu enorme halo de gas quente ionizado representado en tons morados nesta ilustración dixital da nosa galaxia veciña sobre un terreo penedoso. Cartografada grazas ás observacións do Telescopio Espacial Hubble da absorción da luz ultravioleta contra os quásares máis lonxanos, a extensión e composición do halo gaseoso de Andrómeda foi determinado recentemente polo proxecto AMIGA. Constituíndo un reservorio de material para futura formación estelar, o halo de plasma difuso de Andrómeda espállase ao longo de 1.3 millóns de anos luz ou máis dende a galaxia. Esto é aproximadamente a metade do camiño ata a Vía Láctea, probablemente poñéndose en contacto co halo gaseoso difuso da nosa propia galaxia.

Categorías
Uncategorized

Xúpiter e as lúas

Créditos da imaxe & Copyright: Robert Fedez

Explicación: Cantas lúas ves? Moita xente diría unha, en referencia á Lúa da Terra, prominente abaixo á esquerda. Pero vota unha ollada de preto ao obxecto na parte superior dereita. O que semella unha estrela é realmente o plantea Xúpiter, e a túa ollada de preto podería revelar que non está só – está arrodeado por algunha das súas lúas máis grandes. De esquerda a dereita estas Lúas de Galileo son ÍoGamínedesEuropa e Calisto. Estas lúas orbitan o mundo xoviano como os planetas do noso Sistema Solar orbitan o Sol, nunha liña cando se ven dende o lado. A imaxe única destacada foi capturada a semana pasada dende CancúnMéxico, na súa órbita arredor da Terra, se deslizou polo distante planeta. Incluso mellores vistas de Xúpiter están sendo actualmente capturadas pola sonda Juno da NASA, agora nunha órbita en bucle arredor do planeta máis grande do Sistema Solar. A Lúa da Terra continuará a pasar casi por diante de Xúpiter e Saturno unha vez ó mes (mes — month – moon-th) mentres os dous planetas xigantes se aproximan a súa propia gran conxunción en Decembro.