Categorías
Uncategorized

Saturno crecente

Créditos da imaxe: NASAESASSICassini Imaging Team

Explicación: Visto dende a Terra, Saturno nunca amosa a súa fase crecente. Pero visto dende un aparello espacial o maxestuoso planeta xigante pode amosar só un anaco iluminado. Esta imaxe de Saturno crecente en cores naturais foi tomada pola sonda Cassini en 2007. Amosa os aneis de Saturno dende o lado do plano do anel oposto ó Sol — a parte non iluminada — outra vista non posible dende a Terra. Son visibles as tenues cores das bandas das nubes, as complexas sombras dos aneis do planeta, e a sombra do planeta nos aneis. As lúas Mimas, ás 2 en punto, e Janus ás 4 en punto, poden verse como manchas de luz, pero o reto real é atopar Pandora (ás 8 en punto). Dende a Terra, o disco de Saturno está case cheo agora e oposto ao Sol. Xunto con seu brillante compañeiro o planeta xigante Xúpiter aparece na tardiña.

Categorías
Uncategorized

A Nebulosa da Pipa

Créditos da Imaxe e Copyright:Jose Mtanos

Explicación: ao leste de Antares, marcas negras espállanse ao través dun poboado campo de estrelas cara o centro da nosa Vía Láctea. Catalogado a comezos do século XX polo astrónomo E.E. Barnard, as nubes de po interestelar inclúen a B59, B72, B77 e B78, vistas ao través do fondo estrelado. Aquí, as formas combinadas suxiren unha forma de pipa co seu cano e o seu cazolo, e de ahí ven o nome popular desta negra nebulosa, a Nebulosa da Pipa. A profunda e extensa vista cubre un campo de visión de 10 por 10 graos na pronunciable constelación de Ofiúco. A Nebulosa da Pipa é parte da complexa nube escura de Ofiúco, localizada a unha distancia ao redor de 450 anos luz. Densas concentracións de gas e po na Nebulosa da Pipa están a colapsar formando novas estrelas.

Categorías
Uncategorized

Messier 20 y 21

Créditos da Imaxe & Copyright:Emanuele Petrilli

Explicación: A fermosa nebulosa Trífida, tamén coñecida como Messier 20, é sinxela de atopar cun pequeno telescopio na rica nebulosa da constelación de Saxitario. A uns 5.000 anos luz de distancia, o colorido estudo dos contrates cósmicos comparte esta fermosa composición, dun grado aproximadamente de amplitude co cúmulo estelar aberto Messier 21 (dereita). Triseccionada por liñas de po, a Trífida ten uns 40 anos luz de diámetro e apenas uns 300.000 anos de idade. Isto faina unha das rexións máis novas de formación de estrelas no noso ceo, con estrelas recén nacidas e embrionarias incrustadas no seu po natal e nubes de gas. As estimacións da distancia ó cúmulo estelar aberto M21 son similares ás de M20, pero a pesares de compartir esta magnífica paisaxe celeste non hai aparente conexión entre as dúas. De feito, as estrelas de M21 son moito máis vellas, sobre uns 8 millóns de anos de idade.

Categorías
Uncategorized

A daga solar de Picture Rocks

Crédito do vídeot & Copyright: Martha Schaefer, Brad Schaefer, Jim Stamm; Músiica & LicenzaAwakening (Wojciech Usarewicz), Lone Tree Music

Explicación: As antigas dagas solares non poderán ferirte, pero poderán dicirche a hora.  Unha daga solar é un oco dentro dunha sombra con forma de daga creado pola luz do sol que pasa a través dunha fenda nunha rocha próxima. Fai máis de 1000 anos, os nativos do suroeste americano esculpiron petróglifos nas rochas que se iluminaron por dagas solares de diferentes formas a medida que o Sol se desprazaba polo ceo. Un tipo de reloxo de sol, onde o fin da espiral da daga solar apunta ao mediodía (por exemplo) indicando unha época do ano, posiblemente alumeando un solsticio ou un equinocio.  Pénsase que as dagas solares foron empregadas polos cregos solares durante as solitarias vixilias xunto a rezos e ofrendas.  Das poucas coñecidas, o video destacado amosa a histórica daga solar de Picture Rocks preto de TucsonArizonaUSA, posiblemente creada polo crego solar Hohokam sobre o ano 1000 d.C. 

Categorías
Uncategorized

NGC 2442: Galaxia en Volans

Créditos da Imaxe e Copyright
Procesado: Robert Gendler & Roberto Colombari
Datos: Hubble Legacy ArchiveEuropean Southern Observatory

Explicación: a galaxia distorta NGC 2442 pódese atopar na constelación austral do Peixe Voador, (Piscis) Volans. Localizada arredor de 50 millóns de anos luz de distancia da Terra, os dous brazos espirais da galaxia espállanse dende a barra central conferíndolle unha forma de gancho nas imaxes de grande apertura de campo. Mais neste mosaico cercano, construido cos datos do telescopio espacial Hubble e do Observatorio Europeo Austral, apréciase a estructura da galaxia cun detalle extraordinario. Liñas de po escuro, grupos de xóvenes estrelas azuis e rexións de estrelas vermellas en formación contornan o núcleo amarelado composto pola poboación máis vella de estrelas. Esta nítida imaxen tamén revela o fondo máis lonxano de galaxias vistas ao través das agrupacións estelares e nebulosas de NGC 2442. A imaxe esténdense ao redor de 75 000 anos luz á distancia estimada de NGC 2442.