Categorías
Uncategorized

Solis Lacus: The Eye of Mars

Créditos da imaxe e CopyrightDamian Peach

Explicación: tal e como pode verse cun telescopio dende a Terra, o brillo de Marte vai crecendo nos ceos nocturnos, mentres se aproxima á súa oposición o 13 de outubro. Marte semella estar mirándonos a nós nesta foto do Planeta Vermello tomada o 22 de setembro. O disco de Marte está preto do seu máximo de tamaño aparente para telescopios terrestres, menos de 1/80 do diámetro aparente da Lúa chea. O casquete xeado do polo sur, que decrece estacionalmente, é visible na parte inferior da imaxe mentres que as bretemosas nubes do norte aprécianse na parte superior. Un detalle circular de albedo escuro, o Solis Lacus (Lago do Sol), atópase xusto na parte inferior esqueda do disco marciano. Contorneado polo claro borde sur do Valles Marineris, Solis Lacus semella unha pupila de tamaño planetario, e coñécese por tanto como o ollo de Marte. A comezos do século XX, o astrónomo e ávido observador de Marte Percival Lowell asociou o ollo de Marte a un conxunto de canais que cartografiou nos seus debuxos do Planeta Vermello. Os amplios e visibles cambios no tamaño e forma do ollo de Marte enténdese agora grazas ás imaxes de alta resolución da supercie marciana, e débense ao po transportados polos ventos da feble atmosfera marciana.

Categorías
Uncategorized

Sonificado: Os piares da Nebulosa da Aguia

Créditos da imaxe: NASAESA, e The Hubble Heritage Team (STScI/AURA);
Sonificación: NASACXCSAOK. ArcandM. Russo e A. Santaguida

Explicación: Si, pero algunha vez experimentache a Nebulosa da Aguia cos teus ouvidos? A famosa nebulosa M16 é mellor coñecida polo deleite que supón para a vista, onde destacan estrelas xóvenes brillantes formándose no interior das impoñentes estructuras escuras. Estas columnas de po e gas frío de varios anos luz de lonxitude atópanse a uns 6 500 anos luz de distancia cara a constelación da Serpe (Serpens). Esculpidas e erosionadas pola luz ultravioleta de alta enerxía e os poderosos ventos do cúmulo de estrelas másivas M16, os propios piares cósmicos están destinados á súa destrucción. Pero este ambiente turbulento de formación estelar en M16, cuxos espectaculares detalles captúranse nesta imaxe combinada do Hubble (no visible) e Chandra (raios X) é moi probablemente un ambiente moi similar no cal se formou o noso propio Sol. No video presentado podes escoitar os sons das estrelas e o po a medida que a liña de sonificación avanza de esqueda a dereita, onde a posición vertical determina a altura do son.

Categorías
Uncategorized

GW Orionis: un sistema estelar con aneis inclinados

Créditos da animación: ESOU. ExeterS. Kraus et al.L. Calçada

Explicación: O sistema estelar triplo GW Orionis parece demostrar que os planetas poden formarse e orbitar en múltiples planos. Pola contra, todos os planetas e lúas do noso Sistema Solar orbitan case no mesmo plano. O pintoresco sistema ten tres estrelas prominentes, un disco deformado e aneis inclinados interiores de gas e area. A animación caracteriza ao sistema GW Ori a partir de observacións cos telescopios VLT e ALMA en Chile. A primeira parte do vídeo mostra unha gran vista de todo o sistema desde unha órbita distante, mentres que a segunda secuencia lévache dentro dos aneis inclinados ata precisar as tres estrelas centrais en co-órbita. As simulacións por ordenador indican que múltiples estrelas en sistemas como GW Ori poderían deformar e romper os discos en aneis non aliñados, formadores de exoplanetas.

Categorías
Uncategorized

Filamentos do bucle de Cygnus

Créditos da imaxe: ESA/Hubble & NASAW. Blair. Agradecementos: Leo Shatz

Explicación: Que hai no bordo dunha supernova en expansión? De aparencia sutil e delicada, estas cintas de gas interestelar axitado forman parte dunha onda expansiva no bordo en expansión dunha violenta explosión estelar, que os humanos do final da Idade de Pedra puideron ter visto con facilidade, hai uns 20.000 anos. A imaxe, rexistrada polo telescopio espacial Hubble, é un achegamento ao bordo exterior do resto da supernova coñecida como o bucle de Cygnus ou nebulosa do Veo. A fronte de choque filamentoso móvese cara á parte superior do cadro a uns 170 quilómetros por segundo, mentres brilla pola luz emitida dos átomos de gas de hidróxeno excitados. As distancias ás estrelas que se pensa que interactúan co bucle de Cygnus foron atopadas recentemente pola misión Gaia a uns 2400 anos luz de distancia. Todo o bucle de Cygnus abarca seis lúas cheas no ceo, que se corresponden cuns 130 anos luz, e pódense ver partes cun pequeno telescopio dirixido á constelación do Cisne ( Cygnus).

Categorías
Uncategorized

Lóstregos sobre Colorado

Créditos da imaxe & Copyright: Joe Randall

Explicación: Viches algunha vez unha tormenta eléctrica con abraio? Únete á multitude. Estrañamente, os detalles acerca de cómo se producen os lóstregos  continúan a ser un tema de investigación. O que é coñecido é que as correntes acendentes levan lixeiros cristais de xeo a colisións con bolas de xeo máis grandes e brandas, provocando que os cristáis máis pequenos se carguen positivamente. Despois de separarse suficientes cargas, ocorre a rápida descarga eléctrica que é o lóstrego. Os lóstregos normalmente teñen un curso irregular,  quentando rápidamente unha fina columna de aire a preto de tres veces a temperatura da superficie do Sol. A onda de choque resultante comeza de forma supersónica, e decae nun forte son coñecido coma trono. Os lóstregos son comúns nas nubes durante as tormentas de chuvia, e por término medio ocorren 44 lóstregos sobre a Terra cada segundo. Na imaxe, máis de 60 imaxes individuais foron apiladas para capturar o fluxo das nubes de tormenta que producen os lóstregos en Xullo sobre Colorado SpringsColoradoUSA