
Explicación: a bonita galaxia espiral NGC 6744 abrangue uns 175 000 anos luz de tamaño, maior ca nosa Vía Láctea. Atópase a uns 30 millóns de anos luz de distancia na constelación do hemisferio sur do Pavo, pero é visible só como un feble obxecto estendido en pequenos telescopios. Vemos o disco deste próximo universo illado inclinado cara a nosa liña de visión neste destacado retrato da galaxia, unha vista telescópica que abrangue o tamaño angular dunha lúa chea. Nel, o núcleo alongado e amarelento da galaxia xigante é dominado pola luz de estrelas vellas e frías. Máis alá do núcleo, os grandes brazos espirais están cheos de cúmulos de novas estrelas azuis e salpicados de rexións rosáceas de formación estelar. Unha extensión dun brazo varre a máis pequena galaxia satélite NGC 6744A abaixo á dereita. A compañía galáctica de NGC 6744 recorda á galaxia satélite da Vía Láctea, a Gran Nube de Magalhães.